Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Adopción de animais

Obrigas e consellos básicos

Obrigas básicas

Se decides adoptar algún dos nosos animais debes saber que as obrigas básicas legais son as seguintes:

  1. Vacinación / identificación / desparasitación.
  2. En caso de ser potencialmente perigoso ter licenza municipal para a posesión e inscribilo no Rexistro Municipal de animais potencialmente perigosos.
  3. Tratalos humanitariamente.
  4. Dispoñer dun espazo apropiado, cómodo e pechado sen opción de que o animal poida escapar ou se cause dano.
  5. Mantelos en boas condicións hixiénico-sanitarias.
  6. Proporcionarlles alimentación e auga en consonancia ao tipo do animal.
  7. Responsabilizarse dos danos que ocasionen.

Boas prácticas

Beneficios da adopción:

  • Beneficios sociais:
    1. Redución do número de animais sacrificados por abandono
    2. Axuda a educar a sociedade no amor aos animais
    3. Redución de sentimentos de soidade e illamento en diversos grupos sociais (anciáns, grupos marxinais, etc.)
  • Beneficios persoais:
    1. Sentimento de responsabilidade e propia estima
    2. Fomento de relacións sociais, respecto e convivencia
    3. Redución de sentimentos de soidade e illamento

Non obstante, antes de decidirte debes cuestionarte:

  • Es consciente de que o animal crece e telo que educar?
  • Tes o tempo suficiente para atendelo e sacalo a pasear?
  • Todos os que viven na casa están de acordo?
  • Estás disposto a asumir os gastos que supón ter un animal?
  • Onde deixarei o meu animal cando cheguen as vacacións?

O animal que vas adoptar é un ser vivo, trátao como tal:

  • Ofrécelle agarimo, espazo e comida.
  • Lévao sempre atado, e con bozo se é necesario.
  • Os excrementos son a túa responsabilidade, recólleos.
  • Os ladridos poden molestar, respecte o horario nocturno.
  • Lévao ao veterinario cando o necesite.
  • Identifícao con microchip.
  • Non o abandones, é o teu mellor amigo.
  • Respecta o calendario de vacinacións.
  • Cando o animal faleza contacta cun xestor autorizado para a súa recollida.
  • O seguro é a túa responsabilidade.
  • Logo pie Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?