Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Adopción de animais

Qué facer se...

Qué facer se atopaches un animal

  • Poñerte en contacto co Concello ou coa Policía Local de onde o atopases para que cho recollan. No caso de que sexa o Concello da Coruña, podes poñerte en contacto connosco por calquera dos medios que atoparás no apartado de localización ou a través deste formulario de contacto.
  • Se decides quedarte con el debes saber que igualmente debes dar aviso xa que o seu propietario pódeo estar buscando.
  • Se sabes dun can abandonado debes notificalo igualmente ao Concello ou á Policía Local.

Como identificar un can potencialmente perigoso?

Un can considérase potencialmente perigoso cando concorren calquera das condicións seguintes:

  1. Que tivese algún episodio de agresión a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.
  2. Que fose adestrado para a garda e defensa.
  3. Que polas súas características raciais puidese ser apto para o adestramento, para a garda e defensa e en concreto os pertencentes ás razas seguintes:
    • American Stafforshire Terrier
    • Pit Bull Terrier
    • Bullmastif
    • Dobermann.
    • Dogo Arxentino
    • Dogo de Burdeos
    • Dogo do Tíbet
    • Fila Brasileiro
    • Mastín Napolitano
    • Presa Canario
    • Presa Mallorquino (Ca de bou)
    • Rottweiler
    • Staffordshire Bull Terrier
    • Tosa Inu
    • Akita Inu
    Tamén serán considerados neste apartado os cruzamentos en primeira xeración destes, cruzamentos destas razas entre si ou cruzamentos destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.
  4. Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A devandita agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio ou despois de notificación ou denuncia e despois de informe dun adestrador ou veterinario designado para o efecto.
  5. Aqueles cuxas características se correspondan con todas ou a maioría das seguintes:
    • Forte musculatura, aspecto poderoso, robusto, configuración atlética, axilidade, vigor e resistencia.
    • Marcado carácter e gran valor.
    • Pelo curto.
    • Perímetro torácico comprendido entre 60 e 80 centímetros, altura á cruz entre 50 e 70 centímetros e peso superior a 20 kg.
    • Cabeza voluminosa, cuboide, robusta, con cranio ancho e grande e fazulas musculosas e bombeadas.
    • Mandíbulas grandes e fortes, boca robusta, ancha e profunda.
    • Pescozo ancho, musculoso e curto.
    • Peito macizo, ancho, grande, profundo, costelas arqueadas e lombo musculado e curto.
    • Extremidades anteriores paralelas, rectas e robustas e extremidades posteriores moi musculosas, con patas relativamente longas formando un ángulo moderado.

Qué facer se perdiches un animal

  • Infórmate de quen recolle os cans no concello en que o perdiches. No caso de que sexa o Concello da Coruña, podes poñerte en contacto connosco por calquera dos medios que atoparás no apartado de localización ou a través deste formulario de contacto.
  • Avisar en canceiras e protectoras.
  • Avisar o teu veterinario da perda ou mesmo aos veterinarios da zona en que o perdiches.

Que facer se se está en posesión dun can destas características?

Existen dous trámites municipais que hai que ter en conta en caso de posuír un can potencialmente perigoso:

  • Logo pie Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?