Concello da Coruña

Concello da Coruña

1879. Casa de bonecas de Henrik Ibsen

Espectáculo galardoado co Premio Luísa Villalta pola Igualdade da Deputación da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/03/2018

Xa rematou

Horario:

21.00 h (Pídese puntualidade, unha vez que comece o espectáculo non se permitirá o acceso a sala).

Duración:

60 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entradas:  12'00 €. Venda anticipada até o día anterior á función: 10'00 € / carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 8'00 € (só en venda anticipada)

OFERTA ESPECIAL: só durante o 8 de marzo. 

Clasicos1h axúdache a facer feliz a esa muller tan especial para ti e a compartir con ela unha experiencia transformadora cunha oferta especial:

DÚAS ENTRADAS AO PREZO DUNHA.

Merca a túa entrada na ligazón e envíaa a clasicosnunhahora@gmail.com.

Recibirás unha entrada totalmente gratis para acompañar a túa nai, filla, esposa, amiga, irmá...

Só durante o 8 de marzo. Celebra o Día Internacional da Muller. #regalateatro

Contacto:

981 189 888 Centro Ágora

E ti, imaxinas un mundo gobernado por mulleres?

Adaptación de Clásicos1h, teatro que desafiou a sociedade.

Ten a muller o dereito de pensar, actuar e vivir coma un home?

Casa de bonecas é unha obra mestra do teatro.

Un texto fundamental que transformou en arte a eterna loita da muller pola igualdade.

Familia, relixión, educación, lei... Todos os estamentos da sociedade ao servizo dun único pensamento: o masculino.

1879. Casa de bonecas é un espectáculo para elas, pero sobre todo para eles, para imaxinar... como sería un mundo gobernado por mulleres?

Compañía: Estudo do Momento

Actores: Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares

Espectáculo galardoado co Premio Luísa Villalta pola Igualdade da Deputación da Coruña

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión