Concello da Coruña

Concello da Coruña

Afuera es un lugar de Arena en los bolsillos

XA A VENDA! Todo o que coñecía do mundo eran aquelas catro paredes e una pequena fiestra... ¿cómo e o vento? cómo pincha unha barba? A que soa o silencio? Mamá... que é afora? Afora, fillo, afora é un lugar.

A quen vai dirixido?:

Espectáculos para público de 1 a 5 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

07/04/2019

Xa rematou

Horario:

11:30 e 13:00 h : LOCALIDADES ESGOTADA

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece a función non se permitirá acceder á sala.

Duración:

30 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6.00 euros

Menores de tres anos: 2.00 euros

Abono 3 (3 entradas para a mesma función) : 15.00 euros

* Capacidade reducida

**Todas as persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 189 888 (Centro Ágora)

Documentos:

Dossier Bebescena Primavera 2019 (1 MB)

A pequena fiestra resultou ser unha grande porta ao mundo. Tras o primeiro paso, a curiosidade fíxose dona dos pes, e a propia senda foi a súa mellor compañía.

Nun chimpo vital incontrolable, descubriu o tacto da herba nas súas pegadas,, os raios do sol que quencían a súa pel, os ollos enchéronselle cun ceo do máis azul dos azúis, pensou que todo aquelo era só para él e quixo  ver máis,

A vida agradáballe afora, e non está ben chegar tarde...

* Mellor Interpretación masculina no 11º Festival de títeres "Kotoice for children 2013" Polonia

* Drac D´Or o Mellor Escenografía na feira de títeres de Lleida 2013

VENDA DE ENTRADAS

DESPACHO CENTRAL DA PRAZA DE OURENSE: de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

DESPACHO DE ÁGORA: aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

TELEVENDA: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web: www.ticketea.com

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión