Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO. Agra a escena

A compañía Teatro del Andamio dirixe a creación e interpretación colectiva dunha peza teatral ao longo dunha semana.

Cando:

Dende o 20/10/2014 ata o 24/10/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/10/2014 ata o 18/10/2014

Horario:

De 17.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

16 prazas: 8 mulleres e 8 homes.

Inscrición previa en agradirecto@coruna.es ou no Ágora, enviando o formulario cuberto.

Páxina web:

www.coruna.es/agradirecto

Documentos:

Formulario de inscrición Agra a escena (176 KB)

Da súa man, 16 veciños do barrio atrévense a subirse ao escenario e convértense así en actores improvisados, despois de traballar sobre as escenas e personaxes propostos. Co teatro como soporte, os participantes nesta actividade aprenden a recoñecerse a si mesmos, a asumir responsabilidades, a respectar o outro por moi distinto que sexa e a confiar nos demais e no equipo.

A estrea da obra serve ademais de broche final ao festival, nun acto que congregará no Auditorio do Ágora a todos os veciños e persoas que fixeron posible Agra Directo.

QUEN: Compañía Teatro del Andamio http://www.teatrodelandamio.com/ e un equipo de 16 persoas (8 home e 8 mulleres).

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión