Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO. Agrafoto Barrio habitado

Proxecto fotográfico que pretende achegar unha visión fiel da Agra do Orzán a través de instantáneas que reflictan o día a día dos seus habitantes. Unha selección das imaxes obtidas mostrarase en varias montaxes fotográficas en espazos públicos e privados do barrio.

Cando:

Dende o 06/10/2014 ata o 10/10/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 21/09/2014 ata o 08/10/2014

Horario:

De 16.00 a 20.00 h.

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Idade mínima 16 anos, cámara fotográfica e coñecementos mínimos do seu uso.

Inscrición previa en agradirecto@coruna.es ou no Ágora, enviando o formulario cuberto.

Páxina web:

www.coruna.es/agradirecto

Documentos:

Formulario de inscrición Barrio habitado (177 KB)

Búscase desta maneira fomentar o coñecemento dos veciños das súas propias e diversas realidades sociais baixo os valores do respecto e da tolerancia.

A metodoloxía do taller propón unha dinámica de traballo activa e participativa. Para levar a cabo o proxecto contarase con 10 persoas do barrio ás que se lles impartirá un taller de achegamento á linguaxe fotográfica e a narración visual. Tras o taller serán elas as que retraten a súa propia realidade, utilizando a fotografía como ferramenta para contar historias.

Estrutura da actividade:

Día 1:

  • Presentación do proxecto, descrición, finalidade e forma de execución.
  • Saída de campo pola contorna do barrio.

Día 2:

  • Descarga do material obtido.
  • Visualización, selección e posterior análise das imaxes máis interesantes.
  • Valoración narrativa dos resultados obtidos.

Día 3:

  • Segunda e última saída de campo pola contorna do barrio, dirixida a obter resultados máis concretos.
  • Descarga do material obtido.

Día 4:

  • Visualización, selección e posterior análise das imaxes máis interesantes.
  • Visionado xeral, análise de todas as imaxes e selección para a súa posterior impresión en pequeno formato.
  • Construción da obra final.

Día 5:

  • Edición do material impreso e posterior montaxe dixital para enviar á imprenta.
  • Pegada de carteis.

QUEN: Amador Lorenzo http://www.phe.es/es/phe/descubrimientos_participantes/197/amador_lorenzo e un equipo de 10 colaboradores.

ONDE: centro Ágora e rúas do barrio da Agra do Orzán.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión