Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO. Agrafoto Retratos do barrio

Esta actividade pretende captar sobre o terreo imaxes da realidade actual do barrio, capturando en forma de retrato a identidade plural e intercultural de todas as comunidades que o habitan

Cando:

Dende o 06/10/2014 ata o 10/10/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 21/09/2014 ata o 08/10/2014

Horario:

De 16.00 a 20.00 h.

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Inscrición previa en agradirecto@coruna.es ou no Ágora, enviando o formulario cuberto.

Páxina web:

www.coruna.es/agradirecto

Documentos:

Formulario de inscrición Retratos do barrio (176 KB)

Así mesmo, búscase introducir os habitantes no ámbito da fotografía e a arte contemporánea, facendo fincapé na importancia destes como ferramenta de desenvolvemento e expresión.

Estrutura da actividade:

Día 1:

  • Presentación do taller.
  • Breve historia da fotografía contemporánea.
  • Relatorio: "Jesús Madriñán. Unha viaxe a través do retrato"

Día 2:

  • Reunión ás 16.00 h no Ágora. Saída en grupo cara á rúa Barcelona.
  • Traballo na rúa: montaxe de estudo na rúa, primeiras probas, selección de suxeitos para retratar.

Día 3:

  • Reunión ás 16.00 h no Ágora.
  • Saída en grupo cara á rúa Barcelona.
  • Traballo na rúa: montaxe de estudo na rúa, primeiras probas, selección de suxeitos para retratar.

Día 4: Revisión dos retratos tomados. Selección de imaxes finais e produción en papel delas.

Día 5:

  • Reunión ás 16.00 h no Ágora.
  • Saída en grupo cara ao núcleo do barrio da Agra do Orzán, pegada de carteis cos retratos resultantes.

QUEN: Jesús Madriñán http://www.jesusmandrinan.com e un grupo de colaboradores.

ONDE: centro Ágora e rúas do barrio da Agra do Orzán.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión