Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO. Conexións

Unha liña verde, un ecograffiti que detectará a vexetación que xorde de maneira natural na contorna e que dotará de vida e diversidade a unha estrutura artificial, é o fío condutor da actividade que o colectivo Urbanlab desenvolverá no festival Agra Directo.

Cando:

Dende o 13/10/2014 ata o 17/10/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 23/09/2014 ata o 11/10/2014

Horario:

De 16.00 a 20.00 h.

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Maiores de 18 anos.

Inscrición previa en agradirecto@coruna.es ou no Ágora, enviando o formulario cuberto.

Páxina web:

www.coruna.es/agradirecto

Documentos:

Formulario de inscrición Conexións (176 KB)

Xunto a un equipo de 10 persoas, os integrantes de Urbanlab realizarán unha intervención no muro que delimita o Centro Ágora e que o separa do instituto adxacente, acondicionando así un espazo que os veciños utilizan a diario como camiño peonil entre o Ventorrillo e a zona dos Mariñeiros.

Por un lado, conectarán a natureza que brota de forma espontánea con elementos próximos, e por outro, crearán un ecograffiti de musgo natural que se integrará á estrutura do muro.

QUEN: Colectivo Urbanlab www.urbanlab.es e un equipo de 10 persoas.

ONDE: inmediacións do Centro Ágora.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión