Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO. Taller de escritura para fotógrafos afeccionados

Taller intensivo, e divertido, dirixido a afeccionados e profesionais da fotografía que desexen complementar a visión fotográfica coa literatura ou linguaxe textual.

Cando:

11/10/2014, de 10:00 a 14:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 21/09/2014 ata o 09/10/2014

Horario:

De 10.00 a 14.00 h.

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Levar cámara dixital, papel e bolígrafo.

Inscrición previa en agradirecto@coruna.es ou no Ágora, enviando o formulario cuberto.

Páxina web:

www.coruna.es/agradirecto

Documentos:

Formulario de inscrición Escritura para fotógrafos (176 KB)

A fotografía e a escritura son dúas linguaxes que se apoian e complementan dende as súas propias posibilidades e perspectivas. Neste curso práctico, os alumnos desenvolverán un texto segundo as características do seu propio proxecto fotográfico, abarcando a crónica, a ficción, o ensaio ou a poesía.

Para lograr este obxectivo estudaranse as obras de referencia de grandes autores, como W. Eugene Smith, Sophie Calle, Susan Meiselas ou Martin Parr; e ensinaranse técnicas literarias básicas como o tratamento dos personaxes, a estrutura da trama e as estratexias do punto de vista. Ao final do taller o alumno desenvolvería un texto literario que acompañe o seu traballo fotográfico.

Estrutura da actividade:

I parte. Programa:

  • Visualización de publicacións tradicionais e dixitais.
  • Análise de textos de fotógrafos míticos como W. Eugene Smith, Susan Meiselas, Max Pam ou Sophie Calle.
  • Estratexias narrativas da ficción e o xornalismo: estrutura, diálogo, personaxes.
  • Puntos de vista na fotografía e a narración.

II parte. Taller:

  • Saída a fotografar e visualizar os textos polas rúas da Agra.
  • Regreso a redactar.
  • Mostra do traballo, comentarios.

QUEN: Doménico Chiappe http://domenicochiappe.com/pg_d_1.html e un equipo de colaboradores.

ONDE: Centro Ágora.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión