Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRADIRECTO. FESTIVAL OFF

Realízase paralelamente á sección oficial de AGRA DIRECTO e está pensado para promover a participación dos comercios do barrio da Agra (bares, tendas, restaurantes).

A quen vai dirixido?:

Creadores locais, comercios da Agra e público en xeral.

Cando:

Dende o 03/10/2014 ata o 26/10/2014, os venres, sábados e domingos

Xa rematou

Horario:

As actividades concentraranse ao longo das 4 fins de semana nas que se desenvolve Agra Directo (de 29 de setembro a 26 de outubro).

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Os comercios e artistas interesados en participar poden enviar a súa proposta a agradirecto@coruna.es.

Xa está cerrada a inscrición.

Páxina web:

www.coruna.es/agradirecto

Terá lugar en espazos comerciais que lle mostrarán ao público nas súas instalacións proxectos multidisciplinares de mozos creadores da Coruña: concertos, exposicións, charlas, presentacións… Propostas contemporáneas cunha importante carga creativa capaces de atraer a todo tipo de público.

Os creadores locais terán a posibilidade de integrar as súas propostas nun escenario real, a cidade. Ademais o contacto con outros artistas e a proximidade e participación dos veciños permitirán potenciar sinerxías colaborativas, apoiar a creación cultural dos artistas locais e impulsar a cohesión social.

A organización de Agra Directo entregaralle a cada artista unha axuda económica para desenvolver a actividade.

Poderanse identificar os comercios participantes no Festival Off a través do distintivo que lucirán nos seus escaparates.

ESPAZOS, ACTIVIDADES E CALENDARIO

KIKOMIC r/ Entrepeñas, 29 baixo.

  • Exposición ilustración Rubén Mariño e Jorge Peral. 3 ao 18 de outubro.
  • Ilustración personalizadas en directo con Rubén Mariño, 3 e 11 out., 18.30-20.30 h.
  • Ilustración personalizada en directo con Jorge Peral. 4 e 10 out., 18.30-20.30 h.

EL BAÚL DE LOS RECUERDOS Ronda de Outeiro, 285 baixo

  • Bad Apples Blues. Concerto venres, 3 outubro, 19 h

DISTRITO ARTE Ronda de Nelle, 93

  • Pablo Mella. Exposición fotografía. Do 4 ao 18 out.
  • Inauguración sábado 4 out. 13 h.

A RESERVA r/ Barcelona, 72

  • Begoña Pastoriza. Exposición fotografía. 4 ao 19 out.
  • Inauguración, sábado 4 out. 19.30 h.

CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL TOMÁS BARROS r/Ramón María Aller 10-12, entreplanta

  • Brais Rodríguez Trigo. Exposición pintura con spray e técnica mixta. 10 ao 26 out.
  • Inauguración venres 10 out. 19.00 h

LIBRERÍA COUCEIRO Ronda de Outeiro, 248 baixo

  • Javier Ferreirós. Concerto venres, 10 out. 19.30 h

BAR IMAGINE Ronda de Outeiro, 276

  • La Canalla. Concerto venres, 10 out. 22.30 h

MERCERÍA CASCABEL Ronda de Outeiro, 281

  • Omune. Intervención artística no escaparate do comercio. 11 ao 26 out.

O BASTIDOR Avda. Finisterre, 262

  • Laura Piñeiro. Exposición de escultura 11 ao 25 out.
  • Inauguración 11 out. 12 h

DIVERTI KIDS. CENTRO DE OCIO r/ Alcalde Salorio Suárez 11 baixo

  • IntresTeatro. O soño do rato. Contacontos e sombras chinesas sábado 11 out. 12 h

FLORERÍA LILIUM Ronda de Nelle, 139

  • Emma Crichton. Exposición de fotografía 11 ao 25 out.
  • Inauguración sábado, 11 out. 18 h.

HAMBURGUESERÍA JUMBO H2 r/ Cuba, 14

  • Roberto Sila Escariz. Intervención artística en directo no exterior do local. Sábado 11 out. 20.30 h.
  • Exposición dos lenzos resultantes: 11 ao 26 out.

VENTO. CENTRO DE ACTIVIDADES VENTORRILLO r/ Alcalde Salorio Suárez, 20

  • Colectivo 1Aun. Pon a túa cara bonita. Retratos en vivo e mural- exposición fotográfica Retratos aos veciños, venres 17 out. Dende 17.30 h.
  • Exposición 17 ao 25 out.

VENTO. CENTRO DE ACTIVIDADES VENTORRILLO. ACADEMIA DE PERRUQUERÍA E ESTÉTICA FORMAS r/ Alcalde Salorio Suárez, 14

  • Asociación Cultural Galega Capoeira Coruña. Exhibición de capoeira venres 17 out. 18.30 h

VENTO. CENTRO DE ACTIVIDADES VENTORRILLO r/ Alcalde Salorio Suárez, 20

  • True Mountains. Concerto venres 17 de out. 19.30 horas

MASCABADO. TENDA GOURMET r/ Entrepeñas, 10

  • Couturel. Instalación craft –manualidades e artesanía-. 18 ao 26 out.

ASESORÍA MORÁN Y SOUTO r/ Antonio Carballo, 1

  • DesperezArte. Exposición de fotografía 13 ao 24 out.
  • Acto clausura, venres 24 out. 19 h.

LIBRARIA SUÉVIA r/ Vila de Negreira, 32

  • Aldaolado. Lucía Aldao & María Lado. Poesía/Música/Humor Venres 24 outubro. 20 h

TARDIS. CAFÉ E LIBRERÍA Praza do comercio, 8 Marian

  • Ledesma & Tinaquero Brothers. Concerto venres 24 out. 20.30 h

MONTANA r/ Corcubión, 23

  • Santi Jiménez. Exposición de ilustración 17 ao 25 out.
  • Acto clausura sábado, 25 out. 19.30 h.
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión