Alejandro Gándara, que acaba de publicar "Las puertas de la noche" en Alfaguara comentará os detalles dunha obra que "é unha reflexión arredor da morte, a memoria e a creación literaria" e que obtivo, en moi pouco tempo, o recoñecemento da crítica.
28/11/2013, de 20:30 a 22:00
Xa rematou
20.30 h.
Entrada libre ata completar capacidade.
A segunda cita do ciclo Libros en directo consistirá nunha conversa entre Alejandro Gándara e Pedro Ramos sobre Las puertas de la noche, recente novela de Alejandro Gándara, onde combina relato e ensaio nunha composición ben amalgamada, dotada dunha finísima ironía e dunha sutil intimidade, sen chisco de solemnidade nin condescendencia. Unha novela que trata os temas universais: a vida, a morte, a alma, o amor, cunha formulación orixinal e moderna.
Sobre Alejandro Gándara
Nacido en Santander en 1957, desenvolveu unha intensa carreira literaria, non só a través da súa propia obra, senón tamén como axente e promotor da cultura española. Publicou novelas como La media distancia ou El día de hoy, pero tamén ensaio.
En 1992 recibiu o Premio Nadal por Ciegas esperanzas, en 1998 o Premio Anagrama de Ensaio por Las primeras palabras de la creación, e o Premio Herralde no 2001 por Últimas noticias de nuestro mundo. Na actualidade dirixe a Escola Contemporánea de Humanidades, unha institución que reúne a especialistas da creación artística e o pensamento para investigar sobre a sociedade contemporánea. Os seus libros foron traducidos a varios idiomas.
Dentro do ciclo "Libros en directo", que grazas á súa periodicidade mensual e a calidade dos autores invitados, conseguiu o curso pasado situar A Coruña no mapa estatal das presentacións de libros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible