Gloria Mosquera leva máis de quince anos creando cancións coas que gozar, aprender e cantar co grupo Mamá Cabra.
Familias, Para público en xeral
15/10/2019
Xa rematou
Dende o 10/10/2019 ata o 15/10/2019
A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas entre 3 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
17.00 horas
1 h
De balde e con inscrición previa
Cancións coas que encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons que darán vida a historias máxicas. Nesta ocasión, e na compañía de Diego Maceiras, levaranos polas creacións deste grupo, coñecido por pequenas/os e maiores.
A actividade desenvolverase na aula 7 do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible