Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena Outono 2018

Espectáculos para público de 1 a 3 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 23/09/2018 ata o 16/12/2018

Xa rematou

Horario:

11:30 e 13:00 h

PÍDESE PUNTUALIDADE. UNHA VEZ QUE COMECE O ESPECTÁCULO, NON SE PERMTIIRÁ ACCEDER Á SALA.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

Capacidade reducida (Todas as persoas que accedan ao espazo en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

Prezo:

Entrada: 6 €

Abono 3: 15 € (3 entradas para a mesma función)

Menores de tres anos: 2 €

Contacto:

981 189 888

23 setembro

CHOVE de Teatro ó cubo (Galicia)

O abeiro dos paraugas, brincar nas pozas e charcos, o divertido da choiva... todo o que é causa dela e que tanto nos gusta: a herba, as árbores, flores, as hortas, alimentos, as paisaxes verdes etc. Dúas personaxes que lle ensinan ao público con xogos, bailes e enredos que cantidade de cousas nos trae a choiva, antes e despois de que ela veña ou marche. En fin, referímonos á choiva positivamente e non a condenamos porque cando chove non podemos saír, xogar,...!!

Intérpretes: Roberto Casal e Sofía Espiñeira

21 outubro

PERCUBEBÉ (Galicia)

O proxecto busca alimentar e desenvolver o ritmo que todas e todos levamos dentro, pois é fundamental para medrar a nosa capacidade neuronal, axudando á psicomotricidade e coordinación. Isto axudaranos a outras moitas facetas que nos imos atopar ao longo das nosas vidas, ademais de servirnos como inicio a calquera outra faceta artística, musical ou escénica. Axuda a liberar tensións, alimenta a concentración dos máis pequenos e das persoas adultas, e desenvolve a capacidade auditiva e creativa, o sentido do tempo e os reflexos, ademais de adentrarnos na nosa cultura musical. E por que non comezar desde idade temperá?

Intérpretes: Marcelo Dobode e Beatriz Martínez

4 novembro

FOR + de Xarop Teatre (Valencia)

Pupi é un neno pequeno que, ao se durmir na súa cama viaxeira, mergúllase nos soños e convídanos ao seu mundo do xogo das formas, moitas formas que danzan e cantan ao ritmo da alegría da cor. Esta é unha viaxe ao mundo dos soños onde todas as cousas poden ser posibles, onde as cousas máis imaxinadas cobran vida para facernos sentir e soñar. Cando Pupi abre os ollos... algo no noso interior cambiou, porque el somos todos.

Dirección: Carles Benlliure

Intérpretes: Carles Benllliure e Rebeca Castro

16 decembro

OCEANUS de Baraka Teatro (Madrid)

Chove e chove. Axiña a casa inúndase e énchese de peixes, medusas, ourizos, cabalos de mar e todo tipo de seres mariños, desde os afeitos a saír á superficie de cando en vez, até os que non coñecen máis que o son e a escuridade do fondo oceánico.

Gaia é mamá Terra. E o seu bebé, tan grande como o mar. Oceanus é unha viaxe submarina para bebés e quen os acompaña.

Sen palabras, Baraka abre as portas a un teatro dos sentidos, con luces, sombras, música, auga, peixes e moito amor para quen acaba de chegar a porto e para quen aínda está en camiño...

Dirección e dramaturxia: María Caudevilla

Intérprete: Sara Campbell

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Centro Ágora: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h)

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión