Concello da Coruña

Concello da Coruña

Camiño SenLímites 2018

Presentación da 3.ª edición do Camiño SenLímites

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/01/2018

Xa rematou

Horario:

19:00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre até completar a capacidade

A Federación de ANPA da Costa da Morte e a Asociación Rompendo Límites convidan as entidades que desexen participar á presentación da 3.ª edición do Camiño SenLímites.

Que é o Camiño SenLímites?

É unha senda inclusiva que percorre parte do camiño que une, pola beira do mar, a Costa da Morte, organizada pola Federación Provincial de ANPAS da Coruña - Costa da Morte, en colaboración coa Asociación Deportiva e Cultural Rompendo Límites, ao que se suman máis entidades, posto que este é un proxecto colectivo aberto. E que agardamos siga a medrar!

O Camiño SenLímites 2018 está baseado no traballo cooperativo entre a comunidade educativa e outros colectivos, na inclusión educativa e en todos os ámbitos da vida.

O resultado desemboca o 17 de marzo do 2018 nuns roteiros que fan de fíos condutores ou de soporte para a realización de diversas actividades en equipo.

No Camiño SenLímites poden participar grupos de persoas diversos. Consta de 12 roteiros que inclúen diversas actividades como visitas a museos, charlas diversas (historia e historias da zona e outras actividades socioeducativas,... ) en comunidade e coa colaboración de distintos ponentes.

Como é concibido o Camiño SenLímites?

É unha estratexia inclusiva. A través del colaboramos na visibilización do necesario que é abordar e responder á diversidade de persoas e, asemade, sensibilizar na necesidade de reducir a exclusión dentro e  fóra do sistema educativo. Axuda a que todas e todos nos sintamos cómodos na diversidade na que vivimos, percibíndoa non como un problema, senón tamén como unha oportunidade para enriquecer as formas de ensinar, aprender e convivir.

Historia

Por febreiro de 2015, tras unha reunión da Federación Provincial de ANPAs da Coruña - Costa da Morte, consideramos que podiamos organizar un "Camiño Inclusivo".

En febreiro de 2016, volvemos a retomar o  tema e, despois de varias reunións con diversos colectivos...arrincamos!!!

En abril de 2016, comezou a primeira etapa e o 25 de xuño rematabamos o que se convertiu no "Camiño SenLímites". Pasiño a  pasiño foi medrando este equipo, o que permite que as persoas e asociacións participantes poidamos beneficiarnos e gozar da natureza.

A quen vai dirixido?

A todas as persoas (sen límite de idade),  entidades, clubes deportivos... que queiran desfrutar deste camiño. A inscrición (gratuita) é de xeito individual ou colectivo a través de entidades deportivas, colectivos de Necesidades Específicas, ANPAs,asociacións diversas,...

As entidades que participen deberán traer os seus propios monitores/as, aínda que se contará con voluntariado para lle botar unha man para quen así o precisar.

Cantas etapas son e cando?

Son 12 roteiros inclusivos, que comezan o 17 de marzo de 2018 e rematan o 27 de outubro 2018, realizados en sábados pola tarde.

Pódese asistir ás etapas que se queira, non hai un mínimo nin un máximo, pódese participar nas que apeteza.

ÁREA DE COMUNICACIÓN Federación Provincial de ANPAs da Coruña - Costa da Morte

www.fedanpas.org

www.anpasgalegas.org

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión