Concello da Coruña

Concello da Coruña

Crassh Babies: Workshop & Performance de Crassh

CRASSH é unha combinación única de percusión, movemento e comedia visual, onde todo é un pretexto para producir son, cunha enerxía contaxiosa.

A quen vai dirixido?:

Espectáculos para público de 1 a 3 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

17/12/2017

Xa rematou

Horario:

11.30 e 13.00 h.

SOLICÍTASE PUNTUALIDADE. UNHA VEZ COMEZADO O ESPECTÁCULO NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA

Duración:

50 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6'00 euros

Abono 3: 15'00  euros

Menores de tres anos: 2'00  euros

Capacidade reducida

**Todas as persoas os que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo, deben facelo con entrada

Televenda:

Ticketea

Documentos:

Programa Bebescena Outono 2017 (313 KB)

CRASSH (Portugal)

CRASSH é unha combinación única de percusión, movemento e comedia visual, onde todo é un pretexto para producir son, cunha enerxía contaxiosa. Con diferentes sonoridades, da voz aos tubos de pvc pasando por obxectos do cotián, todo serve para estimular os sentidos dos máis pequenos e proporcionar momentos únicos entre as nais e os pais e as fillas e os fillos.

Propoñemos unha viaxe polo mundo CRASSH coa súa linguaxe vocal propia "Crasshones", entendida por todos ata polos bebés. Con dous personaxes de carácter forte e musicalidade extrema, capaces de sorprender coa súa interacción permanente coas persoas participantes. Con esta relación entre sons, peques e proxenitores, a diversión está garantida.

VENDA DE ENTRADAS

DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE: de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

DESPACHO DE BILLETES DE ÁGORA: aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

TELEVENDA: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00 h) e na web

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión