Si ou non á renda básica garantida?
Para público en xeral
05/12/2017
Xa rematou
20:00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)
** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.
Unha película sorprendente e reflexiva sobre unha idea radical, que está de novo na cima da axenda social.
Traballarías se che pagan simplemente por existir? A idea da renda básica garantida está de volta no debate público como unha alternativa ao principio de dereitos e deberes, e a un sistema económico burocrático. A idea de que todos os maiores de 21 anos deben ter unha asignación fixa mensual, independentemente de se están a traballar ou non, realmente divide opinións.
Pero non na liña das dicotomías políticas tradicionais. Os economistas neoconservadores, os ultraliberais e os socialistas están todos a favor, mentres que todos os demais están fortemente en contra. A política e a economía entran na psicoloxía e as cuestións filosóficas sobre a natureza humana. Fará a xente perezosa? Ou liberaraos? E que hai dos robots, que nun futuro moi próximo farán que a maioría dos traballos sexan redundantes?
Ficha técnica
Premios e festivais
Cristian Tod (Linz, Austria, 1977) é un reputado economista que actualmente traballa na súa tese sobre a renda básica. A súa primeira película foi Fatsy - O último cowboy de Austria (2007) coa que recibiu unha mención de honra ao Crossing Europe Film Festival de Linz. En 2010 presentou Es Muss Was Geben seleccionada como película inaugural do Crossing Europe Film Festival e estreada en cinemas en 2011. Free Lunch Society é a súa última película e a máis ambiciosa, sobre un tema tan complexo como a renda básica universal
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible