Concello da Coruña

Concello da Coruña

Docs do mes: "Las chicas de Amanecer Dorado"

“Que pasou en Grecia?”, pregúntase en voz alta o cineasta Håvard Bustnes ao comezo deste inquietante documental.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/04/2018

Xa rematou

Horario:

20:00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.

Duración:

95 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.

Televenda:

Ticketea

  • Nos últimos anos, a imaxe dun país con praias asolladas e xente amigable foi escurecida por ideoloxías políticas próximas ao nazismo que se encarnan en Amanecer Dorado, o partido que nas eleccións de 2012 conseguiu 21 escanos no parlamento grego. Cando numerosos membros destacados do partido son encarcerados, as súas mulleres (entre elas, a filla do líder Nikos Michaloliakos) toman as rendas da formación e continúan transmitindo a súa mensaxe. Todas elas teñen a suficiente experiencia para evitar gretas no discurso oficial e asegúranse de que as entrevistas que lles fan queden como tal e como queren. Pero, nun momento de distracción, o director foxe correndo coa cámara e consegue gravar imaxes comprometidas do partido neonazi. O material resultante, complementado con imaxes de arquivo, non deixa ningunha dúbida sobre o lado depravado deste partido político e revela o abismo, cada vez máis claro, entre a realidade e a imaxe que pretenden dar.

Harvard Bustnes /Noruega, Dinamarca, Finlandia (2017)

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión