Concello da Coruña

Concello da Coruña

Eroski Paraíso

Eroski Paraíso é a primeira produción escénica de Chévere despois de ter recibido o Premio Nacional de Teatro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/10/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o aceso á sala)

Duración:

80 min - Idioma: galego

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

12,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 8,00 €) 

Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada

(As persoas beneficiarias de descontos deben presentar no despacho de billetes e no acceso ao recinto o documento que acredite o desconto)

Eroski Paraíso é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro

Como outras pezas de Chévere, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Ela tiña 19 anos, el 25. Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra (Álex) naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou a Paraíso. Logo emigraron e andaron a tombos dun lado a outro deixando que a vida decidise por eles. Vintecinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster de cine en Barcelona e viaxa a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración. Eroski Paraíso é o título que lle puxo á súa película. E esta obra é un convite para asistir a unha das sesións de rodaxe.

CHÉVERE

En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Luis Martínez. Coa participación de  Rosa Moledo e Federico Rei

Dramaturxia/dirección: Xesús Ron

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Centro Ágora: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión