Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festi=

Festi= é o Festival de artes pola inclusión social, un punto de encontro para que toda a cidadanía teña a oportunidade de coñecer e gozar da cultura sen barreiras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/12/2017

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Documentos:

Cartel FESTI= (558 KB)

Festi= é un festival expandido, con varias citas e proxectos, e cunha data protagonista: o 3 de decembro, Día Internacional da Diversidade Funcional e Sensorial. Será unha xornada que terá como protagonistas ás entidades sociais da cidade, e que estará chea de actividades para todos os públicos e libre de barreiras físicas ou sensoriais.

Programación do 3 de decembro no Centro Ágora, Día Internacional da Diversidade Funcional e Sensorial 

  • 14:30. Concerto de Demusicade.
  • 15:00. Xantar de convivio.
  • 16:00. Torre de Babel, de Diversos. No auditorio.
  • 16:00 a 18:00. Obradoiro de filatelia e presentación da exposición da Sociedade Filatélica.
  • 17:00. Tres por Cuatro presenta a Robert Pier e alumnado.
  • 17:30. Proxección e charla Un día de cine, do Proxecto Máscaras.
  • 18:00. Representación da montaxe ensaiada nos obradoiros previos de La Quinta del Arte.
  • 18:30. Obradoiro Un museo en movemento, da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes.
  • 19:00. Espectáculo Unhas gafas como as do avó, de Caxoto.
  • 20:00. Concerto de Guadi Galego. No auditorio. (Para convites)

*Para participar nos obradoiros é necesario incrición enviando un mail a festigual.coruna@gmail.com

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión