Concello da Coruña

Concello da Coruña

Javier Sierra - Libros en directo

Javier Sierra proxectará no teatro do Centro Ágora as imaxes máis enigmáticas que conforman a súa última obra "El maestro del Prado" a través das cales poderemos achegarnos ao proceso creativo deste mestre do suspense.

Cando:

12/12/2013, de 20:30 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

Polisemias

O terceiro encontro do ciclo Libros en directo" traerá ao teatro do Centro Ágora a Javier Sierra quen conversará con Pedro Ramos sobre a súa novela El maestro del Prado, unha viaxe única polas salas do museo do Prado; unha viaxe que pode cambiar para sempre a percepción da arte do Renacemento e que, sen dúbida, se converterá en referente indispensable para todos aqueles visitantes do Museo do Prado que queiran ver máis aló do que mostran as súas pinturas. Unha oportunidade única para saber o que o mestre esconde.

Sobre Javier Sierra

Javier Sierra (Teruel, 1971) é o único autor español contemporáneo que logrou situar as súas novelas no top ten dos libros máis vendidos en Estados Unidos. As súas obras tradúcense a máis de corenta idiomas e son fonte de inspiración para moitos lectores que buscan algo máis que entretemento nun relato de intriga.

Formado no mundo do xornalismo -foi director da revista Más allá de la Ciencia durante sete anos, ademais de director e presentador de espazos en radio e televisión-, os seus libros centrados en acontecementos históricos tiveron unha extraordinaria acollida por parte do público.

É autor, entre outras, de La cena secreta, El ángel perdido, La dama azul, La ruta prohibida, En busca de la Edad de Oro, Las puertas templarias, Roswell: Secreto de Estado, La España extraña o El secreto egipcio de Napoleón.

Dentro do ciclo "Libros en directo", que grazas á súa periodicidade mensual e á calidade dos autores invitados, conseguiu o curso pasado situar A Coruña no mapa estatal das presentacións de libros.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión