O ciclo "Libros en directo" comeza a súa terceira temporada con José María Merino para contarnos (en directo) todos os detalles de "La trama oculta", o libro de contos que acaba de publicar con Páginas de Espuma
22/10/2014, de 20:00 a 22:00
Xa rematou
20.00 h
Entrada libre ata completar a capacidade.
José María Merino, escritor e académico coruñés, publica un novo libro onde mestura contos realistas, fantásticos (e mesmo futuristas) e, por último, microcontos, moitos deles baixo o denominador común dunha procura que ha de ser, explica o escritor, a da propia literatura: unha exploración do que hai (porque sempre o hai) baixo a superficie dos feitos: "O papel da literatura é descifrarnos, ou revelarnos ou, como pouco, facernos sospeitar o que a primeira vista non é visible, o que non está na aparencia máis roma ou máis externa das cousas".
O ciclo Libros en directo, ciclo desenvolvido pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e organizado por Polisemias, coordinado por Pedro Ramos, conseguiu convocar na Coruña os autores máis relevantes da actualidade editorial para que os lectores coñezan, por boca dos propios autores, a súa traxectoria vital e creativa así como os detalles da obra en cuestión.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible