Concello da Coruña

Concello da Coruña

Libros en directo - Julio Fajardo Herrero

Título do libro: "Asamblea ordinaria"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/01/2017

Xa rematou

Horario:

O encontro comezará ás 20.00 horas e realizaranse no Centro Ágora.

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta ata completar a capacidade

 

 

Organiza:

Polisemias

Contacto:

Tel.: 981 189 888

 

Os cambios causados pola crise aféctannos máis profundamente do que puidésemos pensar: inflúen de maneira decisiva en como nos relacionamos e na percepción que temos de nós mesmos, provocando enfrontamentos e reaccións que noutras circunstancias nos pareceron impensables. "Asamblea ordinaria" é unha novela sobre o impacto da crise económica na sociedade española actual pero, como toda obra autenticamente literaria, é tamén unha historia sobre a vida e sobre como decidimos vivila.

Unha parella comeza a sufrir as consecuencias do desemprego e a precariedade; el decide incorporarse a unha nova organización política mentres que ela procura en balde que todo siga igual. O empregado dunha moderna empresa trata de conciliar a arrebatadora fascinación que lle provoca o seu xefe coa progresiva deterioración das súas condicións laborais. Un mozo sen cualificación queda en paro e, para aforrar o alugueiro, decide ir vivir coa súa tía septuaxenaria; a convivencia entre os dous fará aflorar serios conflitos pero tamén, quizais, unha nova forma de entendemento.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión