Concello da Coruña

Concello da Coruña

Lola López Mondéjar - Libros en directo

O ciclo "Libros en directo" recibe a escritora murciana para a presentación do seu libro "La primera vez que no te quiero".

Cando:

21/05/2014, de 20:30 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

Polisemias
Lola López Mondéjar (Murcia, 1958) é psicóloga, psicanalista e escritora. Publicou as novelas Una casa en La Habana, Yo nací con la bossa nova, No quedará la noche e Lenguas vivas; o libro de relatos El pensamiento mudo de los peces e o de ensaios Psicoanálisis y creatividad: el Factor Munchausen. Dende 1998 ata 2009 coordinou o programa literario "La Mar de Letras", en Cartaxena, e dende 2005 os talleres de escritura creativa da Biblioteca Rexional de Murcia. A súa novela Mi amor desgraciado foi finalista do XXI Premio de Narrativa Torrente Ballester. Colabora habitualmente co xornal "La Opinión de Murcia", no que mantén o blog Microscopías.

O ciclo Libros en directo, ciclo desenvolvido pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e organizado por Polisemias, coordinado por Pedro Ramos, conseguiu convocar na Coruña os autores máis relevantes da actualidade editorial para que os lectores coñezan, por boca dos propios autores, a súa traxectoria vital e creativa así como os detalles da obra en cuestión.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión