Concello da Coruña

Concello da Coruña

Luis Goytisolo - Libros en directo

Membro da Real Academia Española, Premio Nacional de Literatura e da Crítica, conversa con Pedro Ramos, coordinador do ciclo Libros en directo.

Cando:

28/10/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Irmán do poeta José Agustín e do novelista Juan, iniciou estudos de Dereito que abandonou para dedicarse á literatura e a loitar contra a ditadura no Partido Comunista. Publicou os seus primeiros de relatos en 1957, e dende entón, continuou o seu labor literario de grande aceptación, ademais da cal, realizou documentais para TVE. Colaborador en prensa, fíxoo para xornais nacionais como Diario 16, ABC ou El País e para outros estranxeiros.

Os seus dous primeiros libros -Las afueras e Las mismas palabras- inscríbense dentro do realismo social. Considérase que a súa obra cume é Antagonía, tetraloxía sobre a arte da escritura que Claude Simon inclúe entre as tres grandes novelas do século XX.2 Destaca a súa preocupación polos trazos estruturais e formais do relato.

O ser humano coñeceu tempos máis sombríos; tan bobos, posiblemente non. Decididamente o mundo está máis necesitado que nunca dun pensamento estoico adecuado ao presente, dun neoestoicismo. Ou dun novo epicureísmo. De calquera dos dous. Ou mellor: dos dous.

Luis Goytisolo


http://www.luisgoytisolo.es

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión