Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiro de nanas: Arrolos de salitre, con Xabier Díaz

Pequeno obradoiro de nanas para que as familias aprendan algunhas das melodías tradicionais para adormecer os seus bebés.

A quen vai dirixido?:

Familiar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral, Familias

Cando:

02/05/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/04/2017 ata o 02/05/2017

prazas esgotadas

Horario:

  • 1ª sesión: martes 2 de maio ás 18.00 h
  • 2ª sesión: martes 9 de maio ás 18:00 h

Duración:

Hora e media cada sesión

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

Familias con bebés de 0 a 3 anos, futuras/os nais e pais, formadoras/es de escolas infantís, monitoras/es etc.

Contacto:

Actividade limitada a 25 bebés - familias

O obxectivo é que nais, pais e outros familiares poidan aprender a practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os seus bebés e comezar a transmitirlles a lingua e a música.

O obradoiro componse de dúas sesións. A primeira será o martes 2 e a segunda, o martes 9 de maio.

Nas dúas sesións de que consta o obradoiro, as persoas participantes aprenderán a cantarlles aos seus bebés diversas nanas galegas, tanto de autoría como populares.

O obradoiro está impartido polo músico Xabier Díaz que, entre outros proxectos, publicou o exitoso disco Arrolos de salitre, un álbum que contén precisamente 11 cantos de berce en galego. Este disco foi editado xunto co músico Guillerme Fernández que tamén vai participar neste obradoiro.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión