Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pa Cama de Katarsis Educación e Teatro

ENTRADAS ESGOTADAS PARA O PASE DAS 11:30 H

A quen vai dirixido?:

Espectáculos para público de 0 a 3 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

17/11/2019

Xa rematou

Horario:

11:30 (ESGOTADAS) e 13:00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

Duración:

30 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6.00 euros

Menores de tres anos: 2.00 euros

Abono 3 (3 entradas para a mesma función) : 15.00 euros

* Capacidade reducida

**Todas as persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 189 888 (Centro Ágora)

"Pa Cama" é unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono.

A súa predisposición e inxenuidade lévaos a atopar diversión no máis sinxelo, en todo o que lles rodea, no marco dun ambente tan acolledor coma un dormitorio. Un xogo leva a outro, dende unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla enrolándose e desenrolándose, a luz apagándose e acendéndose, e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican.

Un espectáculo non verbal que se desenvolve coma se fora unha coreografía de danza seguindo o fío dunhabanda de son orixinal en función do movemento e das emocións das personaxes. O uso de instrumentos devento e a gaita irlandesa axudan a que a obra manteña un clima acolledor e de soño, donde a fantasía e aimaxinación son as claves para a acción.

Para nenos e nenas de 0 a 3 anos

Unha idea orixinal de Carolina Ramos e Kevin Stewart

Dirección: Omar Alvarez e Kevin Stewart

Actores: Kevin Stewart e Estibaliz Veiga

Música orixinal: Manuel Conde

VENDA DE ENTRADAS

DESPACHO CENTRAL DA PRAZA DE OURENSE: de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

DESPACHO DE ÁGORA: aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

TELEVENDA: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web: www.ticketea.com

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión