Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos: Hu Xudong - Mário Herrero

Os encargados de inaugurar tan esixente programa cultural veñen esta vez da propia Coruña e mais da China. Con todo, tanto Mário J. Herrero como Hu Xudong viven atravesados pola lingua portuguesa, o idioma co que ambos os dous traballan: como tradutor xuramentado o primeiro e como profesor da Universidade de Pequín o segundo. Ecos tanto urbanos coma carnais resoan nas poéticas destes dous doutores alén de escritores multipremiados.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/10/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre até completar a capacidade

Documentos:

Folleto Poetas di(n)versos outubro 2017 (904 KB)

Coruñés do 68, Mário J. Herrero é un poeta aberto ao universo lusófono, tamén a través da opción reintegracionista coa que a súa escrita leva anos comprometida. Tradutor profesional, sociolingüista e poeta, é autor de seis poemarios polos que ten recibido galardóns como o Espiral Maior, o Premio O Figurante, o de poesía erótica Illas Sisargas ou o Glória de Sant'Anna 2015. É ademais académico da Academia galega da Língua Portuguesa e ten publicados dous ensaios de sociolingüística alén dunha chea de artigos en revistas galegas e internacionais. Pola súa banda, Hu Xudong constitúe un dos nomes máis anovadores e relevantes da lírica chinesa actual. Nado no 74, é poeta, crítico e tradutor, Master en Literatura Comparada e Doutor en Literatura Chinesa Contemporánea pola Universidade de Pequín, onde traballa. Vicedirector do Núcleo da Cultura Brasileira daquela institución, entre 2003 e 2005 foi profesor visitante na Universidade de Brasilia. Publicou nove libros de poesía, ademais de prosa, ensaios, traducións poéticas e crítica de poesía, polas que acumula hoxe múltiples galardóns, bolsas literarias e participacións en festivais internacionais.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión