Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n)versos inverno 2015

As novas citas mensuais co mellor da poesía galega e do resto do mundo chegarán con autores dende Alxeria ata Norteamérica pasando por Portugal nunha ambiciosa programación trimestral.

Cando:

Os días 19/01/2015 ás 20:30 , 09/02/2015 ás 20:30 , 02/03/2015 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar a capacidade.

O ciclo POETAS DI(N)VERSOS continúa a súa programación que encherá as próximas citas de xaneiro, febreiro e marzo.

Deste xeito, a oferta poética dirixida pola escritora e dinamizadora cultural Yolanda Castaño e promovida pola Concellería de Cultura da Coruña, continúa mostrando algunhas das mellores voces da poesía actual tanto galega como do resto do mundo. E faino sempre en lecturas dobres, abertas e gratuítas, de aproximadamente unha hora de duración, realizadas mes a mes no Auditorio do Centro Ágora e conducidas pola propia Castaño, como sempre en luns e como sempre ás 20.30 h.

POETAS DI(N)VERSOS é o único ciclo poético xornal de ámbito internacional en toda España, e foi galardoado recentemente co Premio da Crítica-Galicia á mellor Iniciativa Cultural.

POETAS DI(N)VERSOS regresará este novo ano por todo o alto: Samira Negrouche e Paulino Vázquez, dende as terras de Celanova ata os desertos de Alxeria, os versículos alongaranse ata ser quen de poetizar os espazos, xa en galego, xa en francés. Será o próximo 19 de xaneiro.

A cita de febreiro será o luns 9, da man de Ana Luísa Amaral e Marta Dacosta. Lingua galega e portuguesa que, cunha mirada de xénero, fanse verso para abrazar a realidade: dende a materia tanxible ata a sentimental abstracción.

Finalmente, o luns 2 de marzo, dous grandes da poesía galega e norteamericana, fervorosos crentes no poder cívico da palabra poética, Poeta Laureado e Medalla Castelao: Robert Pinsky e Luís González Tosar.

O ciclo seguirá facendo unha decidida aposta polas librerías de barrio, que poñerán á venda en cada acto os títulos dos e das protagonistas. As persoas asistentes poderán levar, así, sinaturas dos autores nos exemplares dos seus libros. Os novos retallos constituirán máis ocasións de establecer entre lectores/as e poetas un contacto directo, humano e cheo de emoción.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión