Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n)versos primavera 2018

O ciclo Poetas di(n)versos recibe voces de Palestina ao Caribe pasando por algún dos mellores poetas vivos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/01/2018 ata o 19/03/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre até completar a capacidade

Sen solución de continuidade, o ciclo poético da Concellaría de Culturas da Coruña segue desenvolvendo o seu noveno ano consecutivo e enceta agora o seu trimestre invernal. Novos recitais co mellor da poesía galega e universal ofrecerán, sobre o auditorio do Ágora, unha oportunidade de escoitar a forza da poesía contemporánea na emocionante voz dos seus propios autores/as. Será en actos abertos e gratuítos realizados en horario das 20.30 h, un luns de cada mes do curso.

A primeira cita terá lugar o próximo luns 22 de xaneiro, nun acto atravesado por unha forte conciencia de xénero. Dende Gaza e dende Vigo, a gran defensora dos dereitos da muller palestina compartirá escenario co meirande referente do feminismo en Galicia. Constituíndo dúas das voces máis recoñecidas da lírica palestina e galega, Fatena Al Ghorra e María Xosé Queizán son autoras de cinco poemarios cada unha. Se a primeira vive exiliada en Bélxica logo de anos de traballo na TV de Gaza, e traballa como xornalista freelance para Al Jazeera, a galega é unha escritora polígrafa, fixo parte da Nova Narrativa Galega e recibiu importantes galardóns como o Voz de Liberdade do PEN Club, o Irmandade do Libro e o Premio da Cultura Galega 2016.

Tamén conducidos pola creadora e directora do ciclo, a poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño, os seguintes recitais serán o luns 19 de febreiro e o luns 19 de marzo. O primeiro deles reunirá unha das revelacións poéticas galegas da última década a carón do que moitos apuntan como o mellor poeta español vivo: a coruñesa nacida en Bergondiño, Dores Tembrás, tamén pedagoga da poesía e co-creadora do selo editorial Apiario, recitará ao carón de Antonio Gamoneda, Premio Cervantes 2006, Premio Nacional de Poesía Reina Sofía.

Poñerán o ramo a estes tres meses de poesía dúas poéticas cargadas de paixón, rabia e mesmo sentido do humor. Afeitos a mesturar os seus versos con propostas musicais modernas e populares, o lugués Lois Pérez fará un dúo vibrante co dominicano Frank Báez. Nados os dous polo 1979, o primeiro está de actualidade literaria e nunha plena e exitosa xira de presentacións do recentemente publicado Long Play (Xerais); o segundo constitúe unha das voces máis estimulantes e persoais da poesía centroamericana.

Librarías de proximidade poñerán á venda os títulos de todos os convidados/as para todo o público interesado, que experimentará así un contacto directo con algunhas das voces poéticas máis importantes da contemporaneidade. POETAS DI(N)VERSOS foi Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

- Luns 22 de xaneiro

Fatena Al Ghorra e María Xosé Queizán

- Luns 19 de febreiro

Poetas di(n) versos: Antonio Gamoeda e Dores Tembrás

- Luns 19 de marzo

Poetas di(n) versos: Frank Báez e Lois Pérez

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión