Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos: Raúl Zurita - Xosé Luís Méndez Ferrín

O 20 de novembro será quenda para dúas voces autorizadas da memoria do século XX, construídas dende o compromiso e o activismo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/11/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre até completar a capacidade

RAÚL ZURITA

O poeta e artista chileno Raúl Zurita naceu en Santiago en 1950. Estudou Enxeñería na Universidade Santa María de Valparaíso, época na que ingresou no Partido Comunista no que segue militando. Co golpe de Estado, foi preso e torturado pola ditadura de Augusto Pinochet.

Entre os seus libros cóntanse Purgatorio (1979), Anteparaíso (1982), Canto a su amor desaparecido (1985), El amor de Chile (1987), La Vida Nueva (1994), INRI (2003), Los países muertos (2006), In memoriam (2008), Las ciudades de agua (2008), Cuadernos de guerra (2009), Sueños para Kurosawa (2003), e Zurita (2011).

En 1979 crea con outros artistas o CADA, Colectivo de Acciones de Arte, realizando accións artísticas de resistencia política ben no espazo público ou ben sobre o propio corpo, incluíndo radicais intervencións de automutilación. Achegándose ao concepto de arte total, en 1982 escribe sobre o ceo de Nova York quince versos do poema La Vida Nueva, e en 1993, de forma permanente sobre o deserto de Atacama, a frase "ni pena ni miedo" que só pode ser vista dende o alto.

Tras desempeñarse como agregado cultural en Roma, recibiu as bolsas Guggenheim e DAAD de Alemaña e, entre outros, o Premio Pericles de Ouro de Italia (1994), o Premio Pablo Neruda á obra dun poeta menor de corenta anos (1998), o Premio Municipal de Literatura (1985), o Premio Nacional de Literatura (2000), o José Lezama Lima de Cuba (2005) e o Premio Iberoamericano de Poesía Pablo Neruda (2016). Profesor visitante en varias universidades americanas como as de California ou Harvard, foi nomeado Doutor Honoris Causa polas de Alicante e de Santa María (Chile), e Profesor Emérito pola Universidade Diego Portales onde actualmente ensina na Escola de Literatura Creativa. Libros e poemas seus foron traducidos a unha vintena de linguas.

FLORES

Desapareció el Pacífico y en su lugar crecieron

las flores. Infinitas hortensias azules cubren

las extensiones donde una vez estuvo

el océano. Infinitas flores que gimen mecidas

por el viento. Un camposanto es el océano,

gimen las flores mientras las magnolias

del este cubren el lugar donde antes

estuvieron las cordilleras. Las hortensias

azules el mar y las magnolias blancas

de Los Andes se hablan y nos hablan. Desde

las espinas de Chile nos dicen de una pasión

que nunca antes ni las cordilleras ni el mar

nos dijeron. Las hortensias azules que están

donde antes estaba el Pacífico y las

magnolias blancas que están donde antes

estaban las cordilleras nos dicen que nos aman

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

Considerado unha das meirandes figuras da literatura galega, Xosé Luís Méndez Ferrín (1938) estudou Letras entre Compostela e Madrid, onde co-fundaría o grupo Brais Pinto. Catedrático de Ensino Medio en Vigo, hoxe xubilado, doutorárase pola USC cunha tese de absoluta referencia: De Pondal a Novoneyra. Como político, nos primeiros sesenta participa na fundación da UPG, por cuxo activismo coñeceu a clandestinidade e a cadea, militando hoxe na Fronte Popular Galega. Como articulista ten publicado innúmeras colaboracións en prensa clandestina, tamén no exilio e xa na prensa legal. Alén diso, dende 1990 dirixe a prestixiosa revista de pensamento e cultura A Trabe de Ouro. Como narrador, cultivou a Nova Narrativa ao tempo que construíu toda unha alegoría nacional de altísimo valor artístico, despregada nunha ducia de novelas e libros de relatos. A estes títulos hai que sumar as obras de literatura xuvenil, os ensaios filolóxicos e as traducións.

Como poeta, logo do iniciático Voce na néboa (1957), publicará poesía política -a Antoloxía popular de Heriberto Bens, o seu heterónimo, e o Sirventés pola destrución de Occitania- e o xa mítico Con pólvora e magnolias (1976), considerado á vez cimo e punto de inflexión para a historia da poesía galega. A eles seguirán O fin dun canto (1982), Erótica (1992), Estirpe (1994), O outro (2002), Contra Maquieiro (2005) ou Era na selva de Esm (2005). Por esta obra fundamental recibiu os máximos galardóns da nosa escrita, coma o Losada Diéguez de creación literaria en tres ocasións, o Celanova Casa dos Poetas, o Pedrón de Ouro, varios Premios da Crítica tanto Española coma Galega, o Eixo Atlántico, o Premio Trasalba ou o Nacional de Literatura nos Premios da Cultura Galega. Ademais de ser nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo e ter presidido a Real Academia Galega, Ferrín ten sido proposto en reiteradas ocasións como candidato galego ao Premio Nobel de Literatura.

Saudemos á morte;

na palma da man non sosteñamos ónices.

Chamémoslle:

libro de silencio,

pórtico terminal de escravitude,

escritura feliz da opacidade,

lus que desata e nome da ledicia.

Saudemos á morte;

non deamos pousada a Bach ou Joplin.

Contemplemos

o seu fremoso rostro á nosa beira.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión