Concello da Coruña

Concello da Coruña

+ que residuos: xornada A economía social na xestión municipal dos residuos

Obxectivos - Dar a coñecer os procedementos administrativos para a contratación da xestión dos residuos sólidos urbanos por empresas de economía social. - Dar a coñecer experiencias exitosas de economía social na xestión dos residuos. - Contribuír á creación de emprego e empoderamento social dos colectivos en risco de exclusión social mediante o fomento de iniciativas de xestión dos residuos da cidade.

A quen vai dirixido?:

  • Técnicos/as de distintas administracións locais vinculados á planificación e xestión municipal.
  • Responsables de medio ambiente e da xestión dos residuos das entidades locais.
  • Actores implicados na xestión dos residuos sólidos urbanos.
  • Outros actores económicos e sociais interesados.
  • Público xeral.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/04/2017

Xa rematou

Horario:

De 9.30 a 14.00 h e de 16.30 a 18.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíta, logo da inscrición previa en: http://www.ceida.org/formacion/formulario-inscricion.html

Organiza:

Concello da Coruña coa colaboración do CEIDA, Consorcio das Mariñas

Programa

  • 09.30 h recepción de participantes e entrega de materiais
  • 10.00 h inauguración:

D. Xulio Ferreiro Baamonde, alcalde do Concello da Coruña. Da. María García Gómez, concelleira de Medio Ambiente do Concello da Coruña. D. Alberto Lema Suárez, concelleiro de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña. D. Jose Antonio Santiso Miramontes, presidente do Consorcio As Mariñas. D. Carlos Vales Vázquez, director do CEIDA.

  • 10.30 conferencia:

Sociedade e residuos: o malgaste que escondemos baixo a alfombra.

Ramón Plana González-Sierra. Consultor en tratamentos biolóxicos de residuos orgánicos.

  • 11.00 - 12.00 h bloque I:

A visión dos concellos.

Presenta e modera: María García Gómez. Concelleira de Medio Ambiente.

Marta Barco Mondragón. Directora de Servizos e Calidade de Vida do Concello de Bilbao.

Ángel Álvarez Orallo. Área de Residuos. Xefe de Recollida. Mancomunidade da comarca de Pamplona.

  • 12.00 - 12.30 h pausa café
  • 12.30 - 14.00 h bloque II

Experiencias exitosas de economía social na xestión de residuos

Presenta e modera: Tino Gago Conde. Xerente de Unión de Cooperativas Espazocoop.

- Alencop, iniciativa social de recollida de chatarra e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos a domicilio.

- Trapeiros de Emaus, un espazo habitado entre conviccións e lixo.

- Bolsos reciclados. Un proxecto SEN desperdicio, mires por onde o mires.

  • 16.30 - 18.00 h bloque III

Experiencias exitosas de economía social na xestión de residuos

Presenta e modera: Marta Rodríguez Boo. Rede Economía Alternativa e Solidaria. REAS-Galicia. RECUMADRID.

- Cooperativa de iniciativa social. Berziklatu S.L.

- Tratamento integral de residuos voluminosos a través da xeración de emprego de inserción.

- COREGAL. Xestión de residuos creando emprego estable para persoas con discapacidade.

  • 18.00 h - Clausura da xornada
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión