Concello da Coruña

Concello da Coruña

Talleres para nenos. Imos debuxar con Mª Luisa Torcida

Dicía Saúl Steinberg que "unha liña é un punto que saíu dar un paseo". A actividade que se propón non é outra cousa que facer iso: sacar puntos e liñas a dar un paseo pola imaxinación de cuantos acudan a ela.

A quen vai dirixido?:

Nenos e nenas de 5 a 8 anos.

Cando:

Dende o 14/04/2014 ata o 16/04/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/03/2014 ata o 10/04/2014

Horario:

11.00 e 12.30 h.

Duración:

1 hora e cuarto

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuítos.

Requisitos:

Inscrición previa: na Biblioteca Municipal Ágora e por teléfono: 981 189 886.

15 prazas para cada taller.

Organiza:

Concellería de Cultura e Bibliotecas Municipais

1. O xogo das formas ¿Que pasaría se? (aplicado ás letras)

Se o A fose unha montaña? Se ao B lle crecesen patas? Se o C se tombase a durmir?

Con dous puntos e unha raia podemos facer moitas cousas? Con só dous puntos e unha liña podemos debuxar todo aquilo que imaxinemos. Trátase de que desenvolvamos a nosa capacidade para debuxar todo aquilo que sexamos capaces de imaxinar, imos pensar a partir das formas das letras cantas cousas sexamos capaces de recrear engadíndolle trazos:

Así, un A converterase nunha montaña, nun pico dunha galiña, ou na cabeza dun raposo. Un B, poderá ser unhas lentes dun corvo, o corpo dunha xoaniña ou a barriga dun coello; se traballamos co C poderemos tombalo e convertelo nunha lúa, un berce ou unha pluma; e así con todas as letras do noso ABCDario!

2. O xogo das caras. (aplicado ás letras)

O A Alegre? O B Bocexando ou aburrido? O C Cantareiro ou "encabuxado".

Con só dous puntos e unha liña podemos dotar de expresividade todo aquilo que debuxemos, así aprenderemos a crear personaxes tristes, alegres, enfadados ou moi, moi asustados.

Trátase de que desenvolvamos a nosa capacidade para sentir e para debuxar, imos imaxinar cantas caras e expresións sexamos capaces de recrear con puntos e raias para dotar de expresividade a todas as letras do noso ABCDario!

Cada asistente ao taller realizará sobre letras debuxadas, fotocopiadas ou trazadas as expresións que sexa capaz de trasladar.

María Luisa Torcido nace en Oviedo (Asturias), un 16 de maio de 1963, aínda que ela sempre di que lle gustaría ter nacido en "Krakundolowia", un deses lugares máxicos que só aparecen nos mapas que garda Merlín na súa enorme biblioteca. Pasa en León os veráns da súa infancia e adolescencia, alternando a capital castelá con Madrid, Oviedo e Guadalaxara; cidades ás que está moi vinculada emocionalmente. Actualmente vive en Xixón.

É Licenciada en Belas Artes, coa especialidade en Gravado, pola Escola de San Fernando de Madrid, (Universidade Complutense). Durante a nenez, son numerosos os premios de pintura e debuxo que lembra ter conseguido, grazas á confianza e o tesón que o seu mestre da infancia Jose Antonio Sánchez Mariño lle inculcou, valores que xunto cunha paixón polo debuxo definirana para sempre. En 1984 consegue o 1º e 2º premio de Pintura Xuvenil A, do Certame de Artes Plásticas na fase rexional; e obtén ese mesmo ano, o Premio de Pintura do devandito certame na súa fase Autonómica realizado no Torreón de Lozoya de Segovia.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión