Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de abril de 2019

Tanxugueiras, premio MIN ao mellor álbum en galego, no AgoraSón da primavera 2019

Con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón 2019, coas Tanxugueiras en concerto.

As voces das Tanxugueiras serán as protagonistas no AgoraSón de primavera 2019, que se celebrará o venres 10 de maio, ás 21.00 h, no auditorio do Centro Ágora. A cita, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, segue a liña doutros eventos promovidos pola entidade, como o Festival Nororeste ou as Festas de María Pita, nos que o Goberno local aposta pola visibilización e presenza de mulleres artistas. 

O seu último traballo Tanxugueiras confirmou a Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro como unha das bandas referentes da música tradicional galega, con máis de 50 concertos en 2018 e unha importante xira tanto polo país como polo estranxeiro. Visitaron Glasgow, India, Cuba e Suíza e acadaron varios premios, como o MIN ao mellor álbum en galego ou o aRi[t]mar polo tema "Que non mo neguen", unha canción na que o grupo, segundo elas propias, quere facer ver o actual apoderamento da muller e camiñar en prol da igualdade.

O Agorasón é unha iniciativa gratuíta e aberta á veciñanza que procura promover a lectura en lingua galega, así como proporcionar alternativas de lecer na poboación moza e adulta e promocionar a música na lingua do país. No concerto desta edición da primavera de 2019, Tanxugueiras virán coa banda que as acompaña nos directos, formada por músicos de gran traxectoria como Isaac Palacín na percusión (Berrogüetto, Guadi Galego), José Manuel Díaz Iglesias ao baixo eléctrico e contrabaixo (Uxía, Sindicato da noite), Cibrán Seixo ao violín (Budiño, Andrés Penabad, Davide Salvado) e Rubén Fernández ao acordeón (Alvariza).

Para poder asistir ao concerto, a cidadanía só precisa recoller os convites nos distintos centros da rede de bibliotecas municipais, no seu horario habitual de apertura, e que se reparten pola retirada de libros en galego. Con cada carné de socia ou socio poderase coller até un máximo de dous convites para este espectáculo.

Documentos:

Cartel do AgoraSón primavera 2019 - Tanxugueiras (1 MB)

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión