Concello da Coruña

Concello da Coruña

VI Encontro Artes pola Integración

Concibida como unha iniciativa transformadora, o proxecto Artes pola Integración, é un exercicio de responsabilidade para por en mans dos distintos grupos sociais, as plataformas, iniciativas e ferramentas necesarias coas que comunicarse.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 08/06/2017, 09/06/2017, 10/06/2017, 11/06/2017

Xa rematou

Documentos:

Programa Artes pola integración (281 KB)

Asemade pretende ser unha plataforma para que as institucións e organizacións vinculadas aos territorios de exclusión, deixen de ser espazos endogámicos e se abran a proxectos menos reclusivos; unha cita multifacética e integral dende a que entablar diálogos e complicidades, onde convivan persoas diversas traballando en comunidade, onde os centros e asociacións proxecten iniciativas artísticas máis profundas e potencien os talentos das persoas que os habitan.Un proxecto que chegará a varios espazos da cidade.

A cultura en xeral e cada unha das súas diferentes prácticas artísticas é un ámbito privilexiado para favorecer o progreso social. Dende esta perspectiva, a arte pode ser entendida como factor vital na construción e fortalecemento da comunidade e da identidade individual e persoal. É un artigo de primeira necesidade para toda a cidadanía e unha ferramenta para que as persoas máis desfavorecidas atopen formas de representación e visibilidade da súa realidade. É por isto que hoxe, momento marcado especialmente pola crise e a desigualdade, é unha necesidade realizar proxectos culturais para a diversidade.

Web http://www.artespolaintegracion.org/ 

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión