Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Yo soy ratón"

Música infantil apta para persoas adultas

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

07/10/2018

Xa rematou

Horario:

18.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

6,00 euros (menores de 3 anos: 2,00 euros)

Abono 3 entradas: 15,00 euros

"Yo soy ratón", propón darlles voz aos nenos ás nenas e que sexan escoitados/as. É un pequeno ser revoltoso que lles ofrece aos nenos e ás nenas unha inesperada ocasión para reivindicar e gritar consignas revolucionarias.

Para persoas adultos, unha oportunidade de empatizar cos/coas pequenos/as. Un lugar para mirarse cara a dentro e reformularse quizais costumes herdados...

"Yo soy ratón" desmárcase dos patróns habituais do infantil. Combina o rock coas músicas do mundo, o funk ou o ambient para crear pasaxes que van do tenro ao divertido, do evocador ao grandioso, e así, pouquiño a pouco, irse facendo un niño nas nosas conciencias onde comezar a roer...

Ante todo, "Yo soy ratón" é CANCIÓN PROTESTA INFANTIL!

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión