Concello da Coruña

Concello da Coruña

1879. Casa de bonecas

Sentes que tomas as túas propias decisións? É a túa vida realmente túa?

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/11/2017

Xa rematou

Horario:

20:00 h 

Duración:

Total 90 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

10'00 € (Venda anticipada ata o día anterior á función: 8'00 € / carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 6'00 € (só en venda anticipada)

Que pensarías dunha muller que o abandona todo na procura da liberdade?

Os clásicos abren interrogantes que semellan non pecharse nunca.

Casa de Bonecas de Henrik Ibsen. Un clásico en 60 minutos no que descubrirás a Nora Helmer, unha muller realmente extraordinaria.  

Con Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares

Compañía: Clásicos Nunha Hora

ATENCIÓN :

Ao finalizar o espectáculo contaremos coa intervención de Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación de A Coruña, de Fadile Tibisay Chami Ahkar, colaboradora da Rede Internacional de Mulleres Sirias e da cantautora galega Adhara, quen ofrecerá unha actuación musical co grupo Adhara & Ritman. Esta actividade está comprendida dentro do contexto do Día Contra a Violencia Machista. 

DURACIÓN :

Duración da función: 60 min para espertar dun soño que escolleron por ti.

Duración do encontro "Por min mesma. Mulleres pioneiras": 30 min

Total duración: 90 min

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h).

MERCA A TÚA ENTRADA AQUÍ

**As 100 primeiras persoas que envíen a fotografía da súa entrada (impresa ou dixital) a clasicosnunhahora@gmail.com entrarán nun sorteo dunha CESTA DE NADAL valorada en máis de 100'00 €. 

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión