Número de sorteo ÁGORA: 453 Número de sorteo FÓRUM: 407
Familias, Infancia
Dende o 25/06/2018 ata o 31/08/2018
Xa rematou
Dende o 02/05/2018 ata o 04/05/2018
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
35 euros por participante e quenda
Ampliación de horario: 5 euros
A chegada do verán dános a posibilidade de contribuír ao desenvolvemento dos/as máis pequenos/as, permitíndonos gozar, e á vez aprender, de valores como o respecto, o compañeirismo, a solidariedade... con ricas e variadas experiencias, á vez que coñecen e participan do día a día da nosa cidade. Con todo o que nela se percibe e vive, formando parte da nosa vida cotiá.
Desta maneira, os campamentos municipais de Ágora e Fórum pretenden que os nenos e as nenas da Coruña teñan a posibilidade de ocupar parte do seu tempo de lecer a través de todo tipo de actividades motrices, actividades relacionadas coa animación teatral, a música, actividades plásticas, de expresión oral e escrita, de lóxica e matemática... tendo como principal obxectivo a relación grupal entre as/os participantes e o goce e descubrimento da súa contorna urbana.
O Concello da Coruña presenta unha variada oferta, cun equipo de persoas educadoras altamente cualificadas, o seu económico prezo converten esta actividade nun máis que interesante reclamo para dar resposta ás necesidades das familias unha vez rematado o curso escolar.
PERSOAS DESTINATARIAS:
Nenas e nenos nados entre os anos 2006-2014, ambos os dous incluídos.
Resultado sorteo Campamentos Verán ÁGORA 2018
CANDO:
Desde o 25/06/2018 ata o 31/08/2018
PREINSCRICIÓNS:
Desde o 02/05/2018 ata o 04/05/2018
Preinscricións en liña Campamentos Ágora
Preinscricións en liña campamentos Fórum
INSCRICIÓNS:
Desde o 09/05/2018 ata o 11/05/2018
DURACIÓN E HORARIO:
Quendas de 2 semanas, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas
As familias que o desexen poderán solicitar, no momento da preinscrición, a ampliación de horario de 9.00 a 10.00 h.
Realizarase unha pequena pausa de 11.45 a 12.00 h para tomar un almorzo, que traerá cada participante.
O último día da quenda do campamento, o horario prolongarase ata as 17.00 h para realizar unha xornada de convivencia na que cada participante levará a súa comida.
QUENDAS E TEMÁTICAS:
1ª quenda: do 25 de xuño ao 6 de xullo; "As viaxes extraordinarias"
2ª quenda: do 9 de xullo ao 20 de xullo; "Trasnos e encantos da nosa terra"
3ª quenda: do 23 de xullo ao 3 de agosto (o día 25 de xullo non teremos campamento); "A Coruña, cidade medieval".
4ª quenda: do 6 de agosto ao 17 de agosto (o día 15 de agosto non teremos campamento); "Aqueles marabillosos anos"
5ª quenda: do 20 de agosto ao 31 de agosto; "As claves das aves".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible