Concello da Coruña

Concello da Coruña

Conversas co Ágora

Exposición de fotos tomadas a persoas usuarias do Centro Ágora

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/06/2017 ata o 30/08/2017

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

"Conversas co Ágora" é un proxecto para achegar as persoas usuarias ao centro cultural, fidelizalas e que o fagan aínda máis seu. Unha actividade de ocio cultural, sen restricións de idade, na que durante uns horarios delimitados as/os participantes da actividade serán retratados/as. Propoñemos unha grande instalación empregando a sala central do vestíbulo, a cal constará dun bosque de imaxes.

Conversas co Ágora é un proxecto do fotógrafo coruñés Jacobo Ameneiro que nace da necesidade de poñer en valor o labor social e comunitario que se realiza nos centros culturais -cunha excelente e extensa programación de talleres caracterizados pola diversidade de oferta e pluralidade de persoas usuarias-.

A fascinación de reflectir este labor comunitario leva á creación deste proxecto concibido como unha celebración, unha festa arredor da acción social do retrato; durante todo o mes de maio foron retratadas aquelas persoas que asisten aos talleres do centro e que, ademais, quixeron participar nas conversas.

Este bosque de imaxes fai unha chiscadela á necesidade de traballar en prol da integración racial no centro.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión