Concello da Coruña

Concello da Coruña

Docs do mes: "La hora de los deberes"

de Ludovic Vieuille

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/02/2018

Xa rematou

Horario:

20:00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.

Televenda:

Ticketea

2016 - 59 min

VO en francés subtitulada en castelán

Un pai filma o esforzo e o sufrimento diario do seu fillo para facer os deberes. Contemplar os exercicios que lle poñen no colexio é un calvario que oprime a paixón creativa dun neno inquieto e soñador. O pai implícase a fondo para comprender o problema e dedica unha hora cada día para axudalo a facer os deberes. Pasan os días, as semanas e os anos, e observamos como as ganas de aprender chocan coa pantasma do fracaso escolar. A entrañable relación pai-fillo, toda unha montaña rusa de emocións, revélanos con humor as contradicións do sistema educativo francés.

A intelixencia dun neno mídese a partir da súa habilidade para facer os deberes que lle impoñen desde a escola? Como pode afectar isto á súa propia estima e ao seu futuro desenvolvemento emocional? Unha pequena perla cinematográfica que nos mostra como se poden fortalecer os vínculos entre un pai e un fillo co simple feito de dedicar un intre a facer os deberes con el.

Ficha técnica

  • < > Ludovic Vieuille< > Christophe Camoirano

    Produción executiva: Marion Lacôte

  • < > Xavier Dreyfuss< > Denis Boisset< > Philippe Leguy

    Sección Oficial Panorama, DocsBarcelona - España, 2017

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión