Concello da Coruña

Concello da Coruña

Estirpe de Adrián López

Unha oportunidade de gozar coa proxección de ESTIRPE e posteriormente conversar co director e o produtor.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/08/2017

Xa rematou

Horario:

20:00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíta (ata completar a capacidade da sala)

"Estirpe", ópera prima do coruñés Adrián López que conta na súa repartición con Sergio Peris-Mencheta, Silvia Alonso, Nacho Aldeguer ("Cuéntame"), Borja Crespo (Snuff2000, Neuroworld), Rocío León (Afterparty), Javier Botet (saga REC,), Ignatius Farray ("El fin de la comedia") e veteranos como Roberto Álvarez ou Fabio León (Curro Jiménez, Estudio 1).

Parte do financiamento desta longametraxe conseguiuse a través dunha campaña de crowdfunding na rede.

De que vai?

A película trata sobre Estirpe, cómic publicado en 1969 que se converte en clásico de culto. 45 anos despois, unha produtora que quere adaptalo ao cinema, encárgalle a María, avogada, que atope o seu autor para conseguir os dereitos. Con tres niveis de narración entrecruzados, "Estirpe" contaranos mediante flashbacks como se creou o cómic e por que desapareceu o seu autor. Nun ton máis documental, as circunstancias da súa volta e a adaptación da súa obra. E por último, nun exercicio de metacine, fragmentos desta xa rodada, que nos dan máis pistas para completar o quebracabezas. En Estirpe, o cómic, Ciclón e Mara loitan contra o Cuarto Reich alemán que queren invadir o noso país, aínda gobernado por Franco.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión