Concello da Coruña

Concello da Coruña

Prende no colo, de Luís Prego na Biblioteca do Ágora

En Prende no colo aprenderemos cancións de berce para arrolar as crianzas máis pequenas, ademais de xogos e cancións infantís para implicar e axudar ás familias no proceso de aprendizaxe e de transmisión da nosas tradicións e da nosa lingua, dende cancións para aprender as partes do corpo, a xogos de descuberta e recitados sinxelos.

A quen vai dirixido?:

Familiar

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

18/10/2018

Xa rematou

Inscricións:

15/10/2018

Para crianzas menores de 3 anos

Horario:

17.00 horas

Duración:

Unha hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Nota: se unha vez reservada praza non se pode asistir, agradecemos que nolo comuniquedes para que outra pequena ou pequeno poida gozar da actividade. 

Requisitos:

O obradoiro está destinado a crianzas de 0 a 3 anos acompañadas por unha persoa. É necesaria a inscrición só para as crianzas (non para as persoas acompañantes), que se abrirá a partir das 10.00 horas do 15 de outubro.

Se non sabes como inscribíreste, podes consultar esta ligazón.

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística

Luís Prego, acompañado polo músico Samuel Soto, será o encargado de impartir este didáctico. Podes ver un vídeo do obradoiro nesta ligazón.

Documentos relacionados

  • Apego. Programación Outono 2018 (5 MB)
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión