Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de lecer Centro Ágora primavera 2018

O PROGRAMA DE LECER DE PRIMAVERA 2018 vén cargado de propostas innovadoras con actividades que impulsan a formación con accións culturalmente enriquecedoras utilizando a cidade e todos os recursos que esta nos ofrece. Busca, á súa vez, o incremento da demanda cultural e o coñecemento da oferta da cidade e promove convivencia e a sociabilidade das persoas participantes. Programa enfocado a persoas maiores de 16 anos, con excepción das actividades específicas para nenas/os e adolescentes.

A quen vai dirixido:

Maiores, Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/01/2018 ata o 26/01/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 08/01/2018

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

COTA DE INSCRICIÓN: 30 € por obradoiro (maiores de 65 anos: 21 €)

Contacto:

Centro Ágora Lugar da Gramela, 17. 15010 -  A Coruña Tel. 981 189 888 forumocio@coruna.es

Documentos:

Listado Adjudicaciones ÁGORA por número de sorteo (133 KB)

LISTADO DE NÚMEROS PARA EL SORTEO (145 KB)

INSCRICIÓN DE CONTINUIDADE:

Os días 8, 9 e 10 de xaneiro na conserxaría do Ágora, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Para formalizar a inscrición, será necesario pagar en efectivo o importe do obradoiro correspondente, ademais de ter asistido a un mínimo do 50% das sesións do outono.

PREINSCRICIÓN:

Os días 11 e 12 de xaneiro, na conserxaría do Ágora, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h, ou por VÍA TELEMÁTICA

Neste último caso, será recomendable gardar unha copia dixital da inscrición, co fin de corrixir os erros que se puideren producir.

Non se envía número de sorteo por correo electrónico. O día 15 de xaneiro ás 09.00 horas, publicarase a listaxe das preinscricións telemáticas co seu número de sorteo ordenado por DNI. De producirse algún erro, coa copia da preinscrición, emendarase.

É importante escoller só una das dúas opcións, xa que, en caso de ter preinscricións duplicadas, anularanse.

Todas as preinscricións telemáticas que teñan data de envío anterior ás 9.00 h do día 11 e posterior das 20.00 h do día 12 non serán tramitadas. 

Cada solicitante poderá anotar ata catro obradoiros na ficha; deberase ter en conta que na adxudicación respectarase a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.

Na preinscrición presencial, adxudicaráselle directamente a cada solicitude un número para o sorteo. Na inscrición telemática adxudicarase o número de sorteo ao remate de cada unha das franxas horarias presenciais.

SORTEO PÚBLICO:

Luns 15 de xaneiro, ás 10.00 h, na conserxaría do Ágora.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

As listaxes dos obradoiros adxudicados publicaranse o mércores 17 de xaneiro, a partir das 9.00 h, en Ágora, nas distintas webs municipais e no servizo telefónico 010.

A partir do número extraído no sorteo, asignaranse as prazas en cada obradoiro.

Outorgaráselle ao maior número de persoas, cando menos, un obradoiro.

INSCRICIÓN:

Os días 17 e 18 de xaneiro na conserxaría de Ágora​, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Para formalizar a inscrición, será necesario pagar en efectivo o importe do obradoiro correspondente.

As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polas persoas agraciadas no sorteo.

As prazas non pagadas durante estes días adxudicaránselles ás persoas en listaxe de agarda.

LISTAXES DE AGARDA E PRAZAS VACANTES:

As persoas en listaxes de agarda dun obradoiro terán preferencia en ocuparen as prazas non pagadas do dito obradoiro, que serán adxudicadas pola orde do sorteo.

Terán preferencia aquelas persoas que non obtivesen ningunha praza.

O día 22 xaneiro, contactaremos vía telefónica só con aquelas persoas que estean nas listaxes de agarda para saber se continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. Realizaranse tres intentos de contacto a diferentes horas, de non conseguir comunicación pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.

Terán que formalizar a inscrición, pagándoa, o día 23 de xaneiro.

Realizaremos unha segunda rolda de chamadas o 24 de xaneiro, e as/os interesadas/ os terán que formalizar a inscrición, pagándoa, o 25 de xaneiro.

A partir do 26 de xaneiro e despois deste proceso, o resto das prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral, que deberá inscribirse e pagalas por orde de chegada, nos horarios indicados anteriormente.

INICIO DOS OBRADOIROS: A partir do luns 29 de xaneiro, no día e hora que corresponda.

OS OBRADOIROS SÓ SE PORÁN EN MARCHA CUN MÍNIMO DE 12 PARTICIPANTES.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión