Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Centro Ágora é un espazo aberto a colectivos de artistas, creadores e programadores independentes, organizacións sociais e grupos autoxestionados con quen fomos ou iremos construíndo vínculos ao longo dos anos. Grazas a todos eles, podemos garantir a participación cidadá no Centro Ágora para conformar unha programación multidisciplinar e de calidade que impulse o pensamento e a acción social. Como centro con recursos integrados, o Ágora ten un marcado perfil multidisciplinar que nos caracteriza e que, sen menoscabo de abrir novos camiños, pedimos ás futuras programacións que nos van acompañar na futura andaina do centro. A recepción de ideas e proxectos estará aberta a calquera interesado/a que de forma individual ou colectiva teña unha proposta inédita ou singular arredor da creación, o pensamento e o saber contemporáneos susceptible de ser acollida polo Centro Ágora. Os proxectos ou ideas seleccionados pola Comisión de programas pasarán a estar en residencia no Centro Ágora e a gozar dos seus recursos e dunha parte do seu financiamento. Como contrapartida, os proxectos seleccionados xerarán algunha/s actividade/é para ser producida e presentada ben no Centro Ágora, ben nos media, ben noutros lugares da cidade.

O obxectivo é manter a tensión creativa na nosa contorna, dando soporte a novos creadores e incentivándoos a facer realidade os seus proxectos dirixíndoos á sociedade. Con iso, ademais, conseguimos incrementar o grao de participación cidadá continua no Ágora. Para ese efecto, a caixa de recepción de proxectos estará aberta en todo momento a través da web, mediante o correo agora@coruna.es ou entregando un proxecto na recepción do Centro Ágora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión