Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Alcaldía

Blog

  • 8 de xuño de 2018

    Recuperar o tempo perdido

    Imaxe da celebración do Foro Tecendo Litoral

    O pasado 1 de xuño mudou, tras unha moción de censura, o goberno do Estado. A demoledora sentenza da Gürtel precipitou en moi poucos días unha situación que para boa parte da sociedade española resultaba xa intolerable. Rajoy deixa unha herdanza terrible: recortes no gasto social, deterioro da educación e a sanidade públicas, falta de compromiso na loita contra as violencias machistas, desprezo polas pensións das nosas persoas maiores e gravísimos retrocesos nas liberdades cívicas, algo que a miña xeración non vivira nunca. Rajoy perdeu a confianza do Congreso dos Deputados fronte a unha nova maioría de forzas políticas diversas, pero xa perdera antes a dos xuíces e a de millóns de persoas nas rúas.

  • 10 de maio de 2018

    Carta aberta ao presidente da Xunta

    Xulio Ferreiro

    Prezado presidente,

    O pasado 20 de abril recibín a confirmación oficial, de parte do presidente da Autoridade Portuaria, do que xa sabiamos na Coruña grazas aos medios de comunicación e dende varios días antes. Refírome á sinatura dun acordo entre o Ministerio de Fomento, Puertos del Estado, a Xunta de Galicia e o propio ente portuario da cidade para definir e desenvolver cuestións fundamentais que condicionan o futuro do borde litoral da Coruña. Acordo, por certo, no que as partes poñen negro sobre branco algo que non deixa de preocuparnos: a aposta pola continuidade da operación urbanística deseñada nos convenios de 2004 e mesmo pola aceleración dos prazos e os procedementos para a desafectación dos peiraos de Batería, Calvo Sotelo e San Diego.

  • 7 de febreiro de 2018

    Uns orzamentos para medrar con vós

    Aprobación definitiva dos orzamentos no Pleno

    Nun momento de incerteza, sen orzamentos xerais do Estado no horizonte, e cunha Xunta que non está a tratar á Coruña do xeito que se merece, como primeira cidade de Galicia, o Pleno municipal aprobou este luns de forma definitiva os presupostos do Concello para este ano: os maiores da década, se exceptuamos os anos electorais, nos que foi tradición engordar as contas.

  • 1 de agosto de 2017

    María Pita 2017: Dereito a rir e festexar

    No pregón das Festas de María Pita 2015

    A esta cidade non a para ninguén! Hoxe, 1 de agosto, arrincan as Festas de María Pita, e o goberno local non podía iniciar este mes de troula doutro xeito que estando coa xente do común, con todos e todas as que facedes A Coruña como é: plural, diversa e acolledora. Unha cidade como o noso mar, que tanto carácter nos imprime: aberta e orgullosa. Que aloumiña, como as ondas na costa, e que ruxe, como as tempestades, ante a inxustiza.

  • 14 de xullo de 2017

    Por sempre Riazor

    Trofeo Teresa Herrera no Estadio Municipal de Riazor. Agosto de 2016.

    O relato sentimental da vida de milleiros de coruñeses e coruñesas (entre eles eu) non sería o mesmo sen un nome que forma parte da nosa historia: Riazor. Ten valor como praia, como mar ou como barrio, pero é a súa acepción de estadio de fútbol a máis coñecida e dimensionada. Estou seguro de que nunha enquisa na que a cidadanía elixise o lugar da Coruña onde foron máis felices, Riazor estaría moi arriba na táboa. Desde logo, eu neses postos o colocaría.

  • 25 de xuño de 2017

    Pasou San Xoán

    Xulio Ferreiro con Marta Brañas, a punto de acender a falla de San Xoán en Riazor

    Pasou a noite de San Xoán e só teño palabras de agradecemento para o conxunto da cidadanía. Din que é a velada máis máxica do ano, e hoxe se reafirma. Entre todos e todas, con sentidiño e tamén con moito, moito respecto á nosa cidade e ao noso mar, conseguimos que todo saíse ben.

  • 15 de xuño de 2017

    Dous anos despois

    Xulio Ferreiro no seu primeiro día como Alcalde en María Pita

    Foi hai dous anos. Un día inesquecible que supera calquera sensación persoal que eu puidese ter, que abofé foron moitas.

Resultados: 7

  • 1 Páxinas
  • 1

Procura de entradas do blog

Buscador avanzado

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?