Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Bibliotecas Municipales

02 de abril: Día internacional do Libro infantil e xuvenil 2016

Neno cun libro

O 02 de abril conmemórase o nacemento de Hans Christian Andersen, autor de libros como La sirenita, La princesa y el guisante ou El soldadito de plomo, e, desde 1967, vénse celebrando nesta data o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Con ocasión deste día tan especial, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil e as súas seccións, entre elas a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), convoca o concurso Adopta un animal de conto.

Non dubides en participar neste concurso para celebrar con todos nós os bos libros en galego! Entra en cada un destes apartados e obtén toda a información

Quen pode participar?

  • Primeiros lectores/as: alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria
  • Lectorado avanzado: alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria
  • Superlectores/as: alumando de 1º e 2º de secundaria

En que consiste o concurso?

  • busca entre os libros en galego que hai na biblioteca, ou algún que teñas lido, no que un animal, real ou fantástico, teña relevancia na historia
  • fai un debuxo dese animal tal e como o imaxinas. Non te deixes influenciar polas ilustracións do libro, porque o xurado valorará moi positivamente a túa orixinalidade!!
  • seleccionaremos, a través do facebook das bibliotecas, 3 debuxos por categoría que enviaremos a GÁLIX e que optarán ao premio.
  • cada premio estará dotado dun diploma e dun lote de libros para ti, e tamén para nós!
  • a entrega dos premios farase na sede de Gálix

Como fago o debuxo?

  • recolle na túa biblioteca a papeleta sobre a que tes que realizar o debuxo.
  • fai o debuxo e cubre os datos que che pedimos
  • entrégao de novo na biblioteca que desexes

Cales son os prazos?

  • realiza e entrega o teu debuxo entre o 7 e o 19 de marzo
  • entre o 28 e o 31 de marzo vota no facebook das bibliotecas polo teu debuxo favorito. Os 3 debuxos de cada categoría con máis "Gústames" serán os que enviemos a GÁLIX

Cales son as bases do concurso?

Podes consultar todas as bases deste concurso na páxina web da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX)

Busca en el catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Llámanos / Lunes a Viernes: 9-21 h.
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?