Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura de clásicos

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición

De outubro a maio. Quincenal

En que consiste o club de lectura de clásicos?

É un club de lectura especializado en literatura clásica, onde a biblioteca convértese nun lugar de encontro entre lectores e lectoras con diferentes interpretacións que enriquecen a experiencia de ler.

Lendo un clásico tes a oportunidade de retomar un libro eternamente postergado, ou de relelo cun novo punto de vista. Nas reunións falaremos do ser humano, dos sentimentos máis esenciais que nos rodean, da natureza ou da propia sociedade. Valores todos eles que chegan aos lectores e ás lectoras de todas as épocas.

Como participar

  • En outubro ábrese o prazo de inscrición para participar todo o ano.
  • As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición.
  • Ponte en contacto coa biblioteca por se aínda quedan prazas dispoñibles.

Onde e cando

Lugar Día da semana Hora Prazas Frecuencia
Biblioteca Castrillón Xoves 11.00 h 10 Quincenal

Programas relacionados

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión