Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Clubs de lectura infantís

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Infantil

Require inscrición

Quincenal

En que consisten os clubs infantís?

Os clubs de lectura infantís son eminentemente lúdicos e reúnen un grupo de nenos e nenas con intereses comúns e afección pola lectura.

Neles realizamos lecturas diversas que inclúen temas, obras e coleccións do teu interese. Ademais promocionámosche obras pouco coñecidas, autores/as e literatura que completarán o teu percorrido lector introducíndote a historias, autores/as e temáticas que che resultarán novas.

Como participar

  • En setembro ábrese o prazo de inscrición para participar todo o ano.
  • As prazas adxudícanse anualmente por rigorosa orde de inscrición.
  • Contacta coa biblioteca por se aínda quedan prazas libres.

Onde e cando

Día Lugar Horario Idades Prazas Frecuencia
Xoves Biblioteca Durán Loriga 18.30 h 9 a 11 anos 12 Quincenal
Sábados Punto de servizo de Mesoiro 11.00 h 11 a 13 anos 10 Quincenal

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión