Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Clubs de lectura para a mocidade

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Xuvenil

Require inscrición

De outubro a maio

En que consisten os clubs de lectura para a mocidade?

Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.

Non tes que ser experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

Como participar?

  • En setembro ábrese o prazo de inscrición para participar todo o ano.
  • As prazas adxudícanse anualmente por rigorosa orde de inscrición.
  • Ponte en contacto coa biblioteca por se aínda quedan prazas libres.

Onde e cando

Club Día Biblioteca Horario Idades Prazas Frecuencia
#ElClú Martes Durán Loriga 18.30 h 12 a 16 anos 15 Quincenal
#LaTribu Xoves Ágora 18.30 h 14 a 18 anos 10 Quincenal

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión