Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cursos de Recursos prácticos na rede

Obxecto:

A quen vai dirixido?:

Adultos

Máis información:

Recursos prácticos na rede
Cursos, formación
Adultos
Require inscrición
De maio a novembro

Se tes un nivel básico de informática, cos cursos de recursos prácticos na rede aprenderás a utilizar Internet para realizar con eficacia trámites e xestións da vida cotiá (solicitudes de citas, comercio electrónico). Tamén aprenderás a apuntarte aos cursos de redes sociais ou de mantemento de portátiles.

Quero ver o calendario anual de cursos

Onde e cando

Lugar Datas
Biblioteca Ágora De maio a novembro
Biblioteca Fórum De maio a novembro
Biblioteca Castrillón De maio a novembro
Biblioteca Os Rosales De maio a novembro
Biblioteca Monte Alto De maio a novembro
Biblioteca Sagrada Familia De maio a novembro

Quero ver o calendario anual de cursos

Obxectivos do curso

  • Dotar o alumno das competencias necesarias para localizar e usar adecuadamente os recursos en rede propios da área metropolitana da Coruña directamente relacionados coa súa vida cotiá.

Programa do curso

  • Repaso xeral ás funcións dunha conta de correo propia: axenda, contactos, grupos, etc.
  • Sindicación de contidos
  • O DNI electrónico.
  • Trámites e xestión na administración pública
    • Concello da Coruña, Información SMS, Bibliotecas Municipais da Coruña, Deputación Provincial da Coruña, Rexistro Civil, DNI, Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Tráfico, Facenda, Sergas
  • Xestións privadas
    • Adquisición de entradas para espectáculos: cinema, teatro, adquisición de bens: grandes superficies, ITV
  • Participación
    • Blogs de participación cidadá

Requisitos para inscribirse

  • Persoas maiores de 14 anos
  • Se estás interesado en repetir algún curso, terás que facelo nunha convocatoria anual distinta
  • Se non podes asistir ao curso no que te inscribiches é importante que o comuniques. Pola contra, durante a convocatoria en cuestión o sistema non che permitirá realizar ningunha outra inscrición
  • As Bibliotecas Municipais da Coruña non outorgan nigún certificado ou diploma por estas accións formativas

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión