Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Formación en competencias dixitais

Tipo de actividade:

Cursos e formación

A quen vai dirixido?:

Xuvenil, persoas adultas

Require inscrición

De xaneiro a decembro

Programa de formación en competencias dixitais para un uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías dixitais que permita alcanzar obxectivos relacionados co traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e participación na sociedade.

Cursos dispoñibles

Cando haxa cursos dispoñibles, poderás velo nesta mesma sección. Permanece atento!

Onde se realizan?

Lugar
Biblioteca Ágora
Biblioteca Fórum
Biblioteca Os Rosales
Biblioteca Monte Alto
Biblioteca Sagrada Familia
Biblioteca Durán Loriga

Competencia dixital

Para ser dixitalmente competente necesítase combinar unha serie de coñecementos, destrezas e actitudes definidos como:

Coñecementos: aprendizaxe e asimilación do conxunto de principios, teorías e prácticas dunha área determinada.

Habilidades: capacidade para aplicar os coñecementos e utilizar prácticas básicas para completar tarefas, procedementos ou obxectivos. Existen habilidades cognitivas e habilidades prácticas (destreza manual e uso de ferramentas e instrumentos).

Actitudes: as actitudes necesarias para aplicar habilidades e coñecementos están centradas nunha actitude crítica e creativa, autonomía, responsabilidade e ética e inclúen valores, aspiracións e prioridades.

Requisitos para inscribirse

  • Persoas maiores de 14 anos.
  • Se che interesa repetir algún curso, terás que facelo nunha convocatoria anual distinta
  • Se non podes asistir ao curso no que te inscribiches é importante que o comuniques. Pola contra, durante a convocatoria en cuestión o sistema non che permitirá realizar ningunha outra inscrición
  • As Bibliotecas Municipais da Coruña non outorgan nigún certificado ou diploma por estas accións formativas

Actividades relacionadas

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión